|
instalación da nova adega realizouse cun agregado con criteros de arquitectura contemporánea sobre unha antiga “adega de garda", pertencente á familia dende o século XVIII.
O entorno de castiñeiros e a ubicación semienterrada proporciona as condicións idóneas de temperatura repouso e silencio que contribúen a que os viños elaborados nesta adega resalten as súas características máis específicas.
Os viñedos repártense en tres fincas na ribeira dereita do Miño. Situadas a media ladeira e perfectamente orientadas ó medio día, fan destes terreos pedregosos excepcionais zonas de cultivo.
Cepas vellas con máis de 50 anos e modernas plantacións combínanse para acadar, en variedades como a Mencía, unha maior calidade na nosa uva.
|
|
|