As Nosas Fincas

Tres paraxes únicos na ribeira dereita do Miño, onde os solos de pizarra e a orientación sur crean as condicións perfectas para a viticultura heroica.

O Territorio

Sabadelle, Ribeira Sacra

Os nosos viñedos, amparados pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra, atópanse en Sabadelle, cos seus bancais que beben do río Miño. Situados a media ladeira e perfectamente orientados ao medio día, fan destes terreos pedregosos excepcionais zonas de cultivo. A minuciosa intervención do home no medio deu lugar ás terrazas escalonadas ou muras que caracterizan esta paisaxe única.

Viñedo de Chamorra
Finca 1

Chamorra

Unha das nosas fincas máis emblemáticas, presume dun enclave privilexiado polas súas ladeiras con chans de pizarra. Cun desnivel pronunciado e de orientación sur, recibe unha insolación óptima durante todo o ciclo vexetativo.

O solo de xisto (pizarra) con boa drenaxe e escasa materia orgánica obriga ás raíces a profundar, buscando a auga e os nutrientes nas capas máis fondas, o que se traduce en uvas de gran concentración e complexidade.

Altitude

250-350 m

Orientación

Sur

Solo

Pizarra / Xisto

Idade das cepas

25 anos

🍇 Variedades e Viños

Mencía e Caíño — Variedades tintas autóctonas que aquí expresan toda a súa intensidade.

Produce os nosos viños Sabatelius Mencía, Carballo e Chamorra, un tinto de selección concentrado e complexo, con gran potencial de garda.

Viñedo Quinta da Noa
Finca 2

Quinta da Noa

Quinta da Noa ocupa unha posición privilexiada xunto ao canón do Miño, onde as brétemas matinais que ascenden do río crean un microclima único. Esta humidade controlada, combinada coa brisa constante, favorece unha maduración lenta e equilibrada.

As terrazas, construídas con muros de pedra seca (pizarra), reteñen a calor diurna axudando a regular a temperatura pola noite. O entorno de viñedos combínase co cultivo de froiteiras que crean unha diversidade favorable para o control de pragas.

Altitude

250-400 m

Orientación

Sur-Sueste

Solo

Xisto / Pizarra máis descomposta

Idade das cepas

+50 anos e máis novas

🍇 Variedades e Viños

Godello, Treixadura, Branca Lexítima, Mencía, Merenzao, Sousón

Produce os nosos viños Mencía e Noa

Viñedo Granxa de Fontao
Finca 3

Granxa de Fontao

As granxas vitícolas remóntanse á Idade Media, descendentes do tipo de explotacións agrícolas romanas que deixaron este microtopónimo que pervive ata os nosos días como centros de produción vitícola a gran escala.

Os terreos pizarrosos, cunha presenza abundante de lousas con máis profundidade e chan, proporcionan unha excelente drenaxe natural. A posición a media ladeira permite unha ventilación óptima que mantén a parede foliar das espaldeiras libre de fungos. Destaca pola recuperación de variedades autóctonas.

Altitude

380-480 m

Orientación

Sur

Solo

Lousa moi descomposta

Idade das cepas

+30 e +50 anos

🍇 Variedades e Viños

Merenzao, Mencía e Godello — Variedades tintas e brancas autóctonas.

Produce os nosos viños Sabatelius Mencía e Sabatelius Godello.

Descobre os Nosos Viños

Cada botella reflicte o carácter único das nosas fincas. Explora a nosa colección de tintos e brancos.

Ver catálogo