Xeracións dedicadas á viticultura heroica da Ribeira Sacra, conservando tradicións que fan únicos os nosos viños.
Cos romanos chegou a cultura do viño, unido á nova civilización, e seguramente entre eles viña aquel SABBATUS que lle deu nome a Sabadelle. Ou tamén o seu diminutivo SABBATELLIVS, que hoxe dá nome aos nosos viños.
Foi a Idade Media unha época de expansión dos viñedos, documentados neste meandro do río no século XIII, aos que seguen uns modos forais de explotación das terras "nas granxas" como microtopónimo que se mantén ata os nosos días.
Primitivo Lareu fai memoria desta tradición secular agasallándonos con este Sabatelius de autor, conectando catro mil anos de historia vitivinícola.
A antiga "adega de garda" pertence á familia dende o século XVIII, gardando a tradición vitivinícola da Ribeira Sacra.
A Ribeira Sacra obtén a súa Denominación de Orixe, recoñecendo oficialmente a calidade e singularidade dos seus viños.
A instalación da nova adega realizouse cun agregado con criterios de arquitectura contemporánea sobre a antiga "adega de garda".
Os viñedos repártense en tres paraxes con chans de pizarra (xisto) e orientación sur: Chamorra, Quinta da Noa e Granxa de Fontao.
Respectamos os métodos transmitidos durante xeracións, conservando a esencia da nosa terra.
Coidamos o medio ambiente con prácticas respectuosas que preservan a nosa paisaxe para as futuras xeracións.
Buscamos a máxima calidade en cada botella, expresando o carácter único da Ribeira Sacra.