Para acceder a este sitio web, debes confirmar que es maior de idade legal para consumir alcohol no teu país de residencia.
Este sitio utiliza cookies. Ao entrar, aceptas a nosa política de uso.
Dende as empinadas ladeiras do Miño, elaboramos viños con Denominación de Orixe Ribeira Sacra, respectando a tradición vitivinícola da nosa terra.
Descobre os nosos viñosAdegas Lareu Sabatelius é unha adega familiar localizada no corazón da Ribeira Sacra, unha das zonas vitivinícolas máis singulares do mundo. Os nosos viñedos esténdense polas espectaculares terrazas que descenden cara o río Miño, atopan a súa expresión máis singular variedades coma a Mencía, Merenzao, Caiños e Sousóns en tintas e en brancas Guedellos, Treixaduras e Raposos.
Cun profundo respecto pola tradición e a terra, elaboramos viños que reflicten o carácter único do noso terroir. Cada botella conta a historia de xeracións dedicadas ao cultivo da vide nunha das paisaxes máis impresionantes de Galicia.
Coñece a nosa historia
Descobre a nosa colección de tintos e brancos, expresión pura da Ribeira Sacra.
Fresco e froital, con notas de froitos vermellos e un final elegante.
Ver detalles
A Ribeira Sacra é unha Denominación de Orixe única, onde a viticultura heroica cobra o seu máximo significado. Os nosos viñedos, plantados en terrazas con pendentes de ata 85 graos, requiren un traballo completamente manual.
O microclima xerado polos canón do Miño, xunto cos solos de pizarra, confiren aos nosos viños unhas características inimitables: mineralidade, frescura e unha expresión aromática excepcional.
Descobre o territorio